luns, 1 de maio de 2017

PRAIAS

Bos días hoxe vouvos falar de tres praias que debedes coñecer. 
  • Barra
  • Rodas
  • A praia das Catedrais
 PRAIA DE BARRA 

Esta praia está situada en Cangas do Morrazo, moi cerca da praia de Liméns, moi coñecida polo Martín Codax.
En canto chegas, baixas por un pequeno monte cheo de árbores, paus e moita sombra, a min encántame este pequeno paseo; chegado  un punto podemos ver unha mestura de cousas, dende o verde das plantas e as dunas ata a area e o mar. 
A praia é moi grande, permite dar un gran paseo, tamén hai rochas para andar por elas.
É unha praia salvaxe, nudista.
Así que aconséllote levar algo de bebida e comida.
 
 
 
  





A miña puntuación:

PRAIA DE RODAS

A praia de Rodas pertence ao Arquipélago da Illas Cies, que son tres.
Esta praia une a illa de Monte Agudo coa illa de O Faro .
É unha praia enorme, cunha area moi branca e o mar dunha cor cristalina, estas augas normalmente están moi frías.
Se queres ir alí, tes que coller un barco dende o porto de Vigo ou dende Sanxenxo, a travesía e preciosa e alí podes camiñar ata o faro entre a vexetación ou podes pasar o día na praia.
Se queres pasar máis tempo, podes pasar unha o máis noites no camping, pero hai que collelo con tempo.













A miña puntuación:
 
ATA A PRÓXIMA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario