domingo, 30 de abril de 2017

ESPAZOS PARA DIVERTIRSE

Bos días, hoxe vouvos a deixar uns lugares para divertirse, hai de varios tipos: 
  • Se queres relaxarte a miña proposta é o balneario da Toxa.
  • Se prefires facer algo de exercicio mentres te divirtes podes coller un coche-bici na Toxa. ( logo explícoo).
  • E se fai un dia moi caluroso podes optar por ir ao parque acuático de Cerceda.  
 BALNEARIO DA TOXA

Se estás canso e tes ganas de pasar un día relaxante, a opción que debes escoller é o Balneario da illa da Toxa.
É un percorrido de agua onde hai piscinas interiores e exteriores de diferentes tamaños, con chorros, ademais de sauna, baño de xeo e pedras quentes.
Se queres maior relaxación podes pasar unha noite no hotel.














A miña puntuación é:


 COCHE-BICI A TOXA

Se queres facer algo de exercico mentres visitas a Toxa e pásalo ben, a opción para ti é, alugar un coche-bici; podes alugalo media hora ou una hora por moi poucos cartos, hai de tódolos tipos para os máis pequenos, e dende 5 a 2 persoas. Podes percorrer toda a illa da Toxa ata o campo de golf. É divertido, agradable e bo para a saúde.















A miña puntuación:



 PARQUE ACUÁTICO CERCEDA

Se fai un día moi caluroso e non queres facer nada, propóñoche unha opción de pasar un día no parque acuático de Cerceda, na provincia da Coruña. É un parque pequeno pero suficiente para divertirte, hai lugares onde comer, aínda que podes levar a túa propia comida. A entrada non é moi cara e pasas todo o día alí bañándote e tomando o sol. É unha excursión que eu recomendo.

 











A miña puntuación:


ATA A PRÓXIMA

CAMIÑATAS PARA FACER


Bos días hoxe vouvos falar de dúas camiñatas que hai que facer si estás na provincia de Pontevedra: 
  • San Vicente do Mar
  • Ramallosa-Baiona
Eu vou puntuar cada unha das camiñatas ( de unha a cinco estrelas) segundo o meu criterio, para que os sexa máis fácil decidir. 


 SAN VICENTE DO MAR

Eu describiría esta ruta como fácil e curta, empezamos dende  o porto marítimo de Pedras Negras e imos camiñando pegados ao mar vendo paxaros e gaivotas, pequenas praias e as illas de Ons e Sálvora. Como xa dixen antes esta ruta é curta, cun percorrido de 1,5 km ou máis dependendo do que se queira camiñar. Se tedes a sorte de que faga sol, a ruta é moito máis bonita. O paseo é de madeira e vai entre rochas, mar e vexetación.


 A miña puntuación é:

 RAMALLOSA-BAIONA

Comezamos este paseo na Ramallosa. O primeiro que se ve é unha ponte moi antiga, onde atopamos a desembocadura do río Miñor, faise a pé sobre un paseo de madeira onde podemos ver as marismas, moitas aves, un camping e a Praia da Ladeira. Pasando esta praia entramos en Baiona e chegamos ata o Parador que é unha fortaleza, que podes rodeala camiñando tranquilamente, dende a parte alta pódense ver as Cies. Este camiño vai xunto a un carril bicicleta.
Fácil de facer e podes pasar un bo día. Hai moitos lugares para descansar e tomar algo.













A miña puntuación:


ATA A PRÓXIMA





 

OLA A TODOS E TODAS

Ola a todos e todas, empezo aqui a miña viaxe, e vouvos contar o que 
podedes atopar neste blog.
Non é unha viaxe completa senón algúns lugares que me chamaron a atención e que debedes coñecer.
Para empezar, déixovos unha bonitas fotos sobre a miña terra:







Neste blog vouvos contar todo o que necesitades saber para facer unha viaxe a o meu país, Galicia, no meu menú ides atopar:
  • Camiñatas para facer
  • Espazos para divertirse
  • Praias para disfrutar
  • Lugares onde comer
  • Monumentos imprescindibles para admirar
  • Lugares para visitar

ESPERO QUE VOS AXUDE A PASAR AQUÍ UNS DÍAS AGRADABLES E DIVERTIDOS.
PODEDES DEIXAR COMENTARIOS E TAMÉN AMPLIAR A INFORMACIÓN.

Para empezar a viaxe déixovos aquí abaixo un video de doce lugares de ensoñó para que vaiades disfrutando.
  
                  
                                     

ATA A PRÓXIMA