luns, 1 de maio de 2017

MONUMENTOS IMPRESCINDIBLES

Bos días, hoxe vouvos falar sobre monumentos que debedes coñecer.
  • Catedral de Santiago
  • Torre de Hercules
CATEDRAL DE SANTIAGO

A Catedral de Santiago atópase na capital de Galicia, sita na provincia da Coruña. Moita  xente coñecea polo Camiño de Santiago; recoméndovos facer a visita da catedral por dentro, ver o botafumeiro e xubir á parte máis alta, que son os tellados tamén chamados "as cubertas", dende onde teredes unha vista preciosa de toda a cidade.

Aqui déixovos o link por se queredes saber máis sobre a historia da Catedral:


















A miña puntuación : 
TORRE DE HÉRCULES

A Torre de Hércules está situada na costa norte da Coruña. É o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Foi construido no século II na época do emperador Trajano.
Hai moitas lendas ao redor deste faro pero a máis destacada conta que vivía nestas terras un xigante chamado Gerión e que durante tres días Hércules, fillo de Zeus, loitou contra el e cortoulle a cabeza onde máis tarde mandou construir esta torre.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade o 27 de Xuño de 2009.
Se decidides ir visitar esta torre, recoméndovos visitar a cidade e os seus museos.

Se queredes saber máis da historia desta torre podedes visitar esta páxina:
 http://www.torredeherculesacoruna.com/index.php?l=gl














A miña puntuación é: 


ATA A PRÓXIMA

Ningún comentario:

Publicar un comentario