luns, 1 de maio de 2017

LUGARES ONDE COMER

Bos días, hoxe vouvos falar sobre tres lugares onde comer, que eu recomendo:
  • Abetos
  • Pepe
  • A Quinta De San Amaro

 A QUINTA DE SAN AMARO

A Quinta de San Amaro está situado en Meaño, Pontevedra, é un restaurante onde tamén se pode durmir; ao redor ten un espazo exterior moi grande con hamacas para descansar, tamén ten unha parte con animais: coellos... para os hóspedes ten unha pequena piscina con moi boas vistas.
A comida é moi rica, a decoración moi bonita e despois de comer podes pasear polos arredores do restaurante, hai moitos camiños rurais ou tomar algo nas terrazas.

Aqui abaixo déixoche o link da páxina web: http://www.quintadesanamaro.com/es/restaurante/ 














A miña puntuación: 

 OS ABETOS

O restaurante os abetos está situado en Nigrán, preto de Vigo e de Praia América, é un asador, para min destaca pola carne á brasa, traen traen por unha parte á brasas e pola outra a carne cortada, e ti vas facéndoa e coméndoa, é divertido e entretido e ademais está riquísima.
Para rematar o menú hai que probar o seu postre estrela, chámase Don Pedrito, son unha bolas de xeado de vainilla sobre unha especie de cucurucho (cornete) e por enriba chocolate quente.
Encántame este postre, tedes que probalo.

Para quen estea interesado déixovos aquí o link da páxina web:










A miña puntuación: 


MESÓN D'PEPE

O Mesón D'Pepe está situado en San Vicente Do Mar, O Grove, destaco a terraza que ten sobre a praia ( unha praia canina),  o lugar é moi agradable e bonito, aínda que sempre está cheo de xente polo que é necesario facer reserva.
A comida é moi boa e variada, e bo prezo.
Despois de comer podes facer unha das caminatas, da que falei noutra entrada.


 A miña puntuación:
 ATA A PRÓXIMA

Ningún comentario:

Publicar un comentario