luns, 1 de maio de 2017

LUGARES PARA VISITAR

Bós días, hoxe vouvos falar de tres lugares que debedes coñecer.
  • Illa das Flores
  • Pozas de Ourense
  • Muralla de Lugo
ILLA DAS FLORES

Eu chámolle desta maneira pero non ten un nome determinado. Esta illa está situada na praia da Lanzada, e a súa particularidade é que só unha vez ao ano, todas as flores da illa ábrense durante unha ou dúas semanas. Está rodeada de Pedras e auga e hai pouco puxeron un banco que pon Noalla. As vistas son espectaculares e o lugar parece máxico.




















A miña puntuación:



POZAS DE OURENSE

Este é un lugar imprescindible se te queres relaxar, con termas interiores e exteriores, onde tes que alternar agua quente con auga fría. Hai diferentes piscinas e temperaturas, con chorros e jacuzzis.
Se non queres gastar cartos hai unhas pozas públicas fóra, as Chavasqueiras e se non, están as pozas privadas, nas que tes que pagar, as Outariz.

Se queredes saber precios, propiedades e demais información visitade a súa páxina oficial:
http://www.termasoutariz.com/ter_aguas_propiedades.html 









 
A miña puntuación:



MURALLA DE LUGO

A Muralla de Lugo fíxose para protexer a cidade de Lugo. Rodea o casco histórico da antiga cidade romana de Lucus Augusti fundada no ano 15 a.c. 
É a única muralla do mundo que se conserva enteira, e tamén é Patrimonio da Humanidade.
Mide máis de dous km e ten dez portas, ten ao redor de 85 torres; eu recoméndovos facer o paseo por enriba dela e se tendes máis tempo podedes pasear pola cidade de Lugo.

Se queredes saber máis sobre a historia podedes visitar esta páxina: 
http://www.turismo.gal/que-visitar/destacados/muralla-romana-de-lugo?langId=es_ES 
 










 
A miña puntuación:

ATA A PRÓXIMA

Ningún comentario:

Publicar un comentario